Xinzo presentou o programa de actos dedicado ao Día das Letras Galegas 2017

164
Xinzo presentou o programa de actos dedicado ao Día das Letras Galegas 2017

A Fundación Carlos Casares e o Concello de Xinzo fixeron a presentación

Na mañá do sábado Luís M. Gil, concelleiro de Cultura de Xinzo e Carlos Gómez en representación do alcalde, por parte do concello e Xavier Casares e Gustavo Garrido en representación da Fundación, foron os encargados de ir debullando aos presentes, medios de comunicación e escritores limiáns, concelleiros de grupos da oposición, ademais do público asistente, o amplo, amplísimo, segundo palabras dos propios membros da Fundación programa, que xa comezou fai días pero que terá neste que faltan para a celebración do dia grande o 17 de maio a maior carga de actos.

PROGRAMA MOI NOSO E PARA A NOSA XENTE

161Luís M. Gil definiu o programa como \“algo moi noso e para a nosa xente\”

Moi noso, porque ninguén do mundo da música, teatro e demais facetas culturais se pode dar por excluído do amplo programa a desenrolar ata o día grande e ata fin de ano, e porque tódalas actividades a desenrolar abranguen a todas as idades.

Os nosos autores, cantantes e músicos están dentro dos actos a levar a cabo.

\“GRAN HOMENAXE A NIVEL GALEGO DENDE XINZO, PORQUE CARLOS E NOSO\”

Carlos Gómez, tomou despois a palabra en representación do alcalde, que non puido estar presente, para definir este programa como algo ambicioso e cun investimento por parte do concello igualado as nosas grandes festas do pobo, como poden ser as do entroido.

Rematou o acto o presidente da Fundación e irmán de Carlos, Xavier, para agradecer o esforzo feito polo concello e a mesma vez felicitar aos programadores, así como a imaxe escollida por parte da concellería para esta celebración.