Xinzo queda dividido en sete distritos

distritos
Xinzo queda dividido en sete distritos

O goberno municipal pretende achegarse máis ós veciños

O grupo municipal de Xinzo de Limia agrupou as rúas da vila en sete distritos para o seu funcionamento diario. A intención é achegarse máis ós veciños e veciñas e atender as súas necesidades. Tomarase nota de cada unha delas para logo trasladarllas ás distintas concellerías. Para tal fin, cada un dos distritos terá un responsable e un equipo de traballo.

José Antonio Parente, Carlos Martínez e Carmen Enríquez son os encargados de coordinar cada un dos grupos de traballo.

O Concello mantén que queren achegarse directamente á xente e solucionar os seus problemas de maneira eficaz e rápida. "A vila de Xinzo ten que acadar a importancia que debe ter e estar no mellor estado posible", sinalou o rexedor popular, Antonio Pérez.