XINZO QUÉDASE SEN UN CICLO MEDIO DE ADMINISTRATIVO

ies cidade
XINZO QUÉDASE SEN UN CICLO MEDIO DE ADMINISTRATIVO

O I.E.S. Cidade de Anqtioquía perde un ciclo formativo

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, publicou onte no DOG os ciclos formativos que existirán o ano que ven e en Xinzo quedámonos sen o Ciclo Medio de Administración, que ata agora se daba no I.E.S Cidade de Antioquía.

Postos a fala co director do centro Rubén Garrido contestounos que

persoalmente , como profesor de ciclos, apoio totalmente os ciclos formativos, sobre todo nestes tempos. A verdade é que o ano pasado oubo pouco alumnado, pero este ano as perspectivas eran moi boas. O problema é que cando un ciclo desaparece, volver a implántalo é moi difícil.

Tamén en agraria, houbo anos de pouca demanda e despois volveu haber anos no que non chegou a matrícula que tiñamos.

Isto non solo é unha mala noticia para o centro, se non tamén para a comarca.

A verdade é que solo con un profesor mais, xa se podería manter o ciclo.