O. Ferreiro
12 de enero de 2018, 0:29
O Concello de Xinzo de Limia vén de enviar a petición para a incursión da reforma integral da Rúa Alexandre Bóveda –ubicada no entorno do Parque do Toural– no plan provincial da Deputación de Ourense para o 2018, que contempla unha cantidade inicial de 60.000 euros para obras no municipio.
Segundo informou o alcalde da capital comarcal, Antonio Pérez, a reforma constará da renovación de todo o sistema de saneamento e de abastecemento, así como o mobiliario urbano, asfaltado, beirarrúas e a iluminación da zona.