Xinzo remodelará por completo o Salón de Plenos do Concello

IMG_4996
Xinzo remodelará por completo o Salón de Plenos do Concello

As obras terán un custo total de 31 mil euros –máis IVE–.

O concello de Xinzo de Limia vén de anunciar que están a piques de comezar as obras de mellora do Salón de Plenos municipal. Nun prazo de mes e medio, a partir de mañá, deberá estar operativo o novo salón.

Mellorarase a accesibilidade, a megafonía e a comodidade da estancia, segundo indican dende o goberno, "tanto para os plenos como para calquera outro acto". As obras terán un custo total de 31 mil euros –máis IVE–. O dendealimia.com tivo acceso aos planos e ás reconstrucións de cómo quedará o redeseño do Salón de Plenos da capital da Limia.

VISTA 1VISTA 4

Hai pouco tamén se ampliou o "arquivo municipal" na planta baixa da Casa do Concello pola necesidade de maior espazo para gardar a documentación e de cara a facilitar o acceso á mesma, evitando desprazamentos a outros edificios municipais.

VISTA 3VISTA 2