Xinzo rendeu un minuto de silencio á muller asasinada no Carballiño

minuto
Xinzo rendeu un minuto de silencio á muller asasinada no Carballiño

Xinzo de Limia rexeitou hoxe a violencia machista cun minuto de silencio.

Na mañá de hoxe, gardouse un minuto de silencio na porta da casa consistorial de Xinzo de Limia, en lembranza da muller asasinada no Carballiño a mans de seu home esta semana.

Estiveron presentes, ademáis do rexedor do municipio, varios dos edís –de todas as forzas políticas– e máis algún veciño.

Nin unha menos!