Xinzo retira máis de 800 pombas do casco urbano

pombas
Xinzo retira máis de 800 pombas do casco urbano

O obxectivo é evitar a sobrepoboación deste animal, que pode ocasionar problemas para a saúde pública, segundo afirma a empresa encargada da retirada, Larus Control.

A empresa Larsus Control vén de facer un informe coa estimación de poboación da pomba común (columba livia) no casco urbano do concello de Xinzo de Limia e no seu parque empresarial. O obxectivo era determinar o número de pombas que había no municipio.

Tras un conteo inicial, a empresa contratada polo concello procedeu á captura de exemplares de pomba vivos a trvés da colocación de dúas xaulas. Segundo informan dende a concellería comandada por Manuel Cabas, xa se levan capturado un total de 849 pombas, o que supón a redución de máis dun 70% con respecto á poboación inicial desta ave.

As gaiolas de 4 metros cadrados de superficie están equipadas con comedeiros e bebedoiros de gran capacidade para garantir o benestar animal dos individuos capturados que se retirarán periodicamente e serán trasladados ao Núcleo Zoológico da empresa en cuestión.