Xinzo sacou os ramos á rúa

125
Xinzo sacou os ramos á rúa

Xinzo de Limia viviu unha multitudinaria procesión de Domingo de Ramos.

Onte foi Domingo de Ramos e os veciños católicos da capital da Limia saíron á rúa en procesión, onde se puideron observar os diferentes ramos de loureiro que cada quen decidiu levar para, segundo a doutrina da Igrexa, recibir a Xesús. A Semana Santa comeza, e faino coas tradicionais celebracións relixiosas que sempre veñen acompañadas de reunións familiares.

IMG_9140

Nas imaxes puidemos observar a máis dun concelleiro do municipio entre a veciñanza –algunha en moi bo estado de "esperanza"–. Aproveitamos, xa que logo, para parabenizala por ese aumento de veciños, que boa falta fan no municipio.

Todos os asistentes levaron o seu ramiño de loureiro para a bendición. Algúns máis grandes e outro máis pequenos. Os máis pequechos levábanos decorados con caramelos e golosinas de cores. Entre os maiores había para todos os gustos.

Houbo tamén algún outro que parecía que viña en representación dos veciños de toda a vila –ou polo menos de todos os da súa rúa– habida conta do tamaño do "ramo" que se trouxo para a bendición.

IMG_9134

Aínda queda moita semana e algunha que outra celebración relixiosa con procesión da que, como non podería ser doutro xeito, tamén daremos conta no dendealimia.com