Xinzo sanea as árbores enfermas dos espazos públicos e substitúe as que poden supoñer un perigo

Juan XXIII
Xinzo sanea as árbores enfermas dos espazos públicos e substitúe as que poden supoñer un perigo
Esta semana retomáronse en Xinzo de Limia os traballos de saneamento das árbores dos espazos públicos que se atopan en mal estado e supoñen un risco para a cidadanía

No Toural, onde se comezou a traballar onte pola mañá, a maior parte das árbores son chopos que foron demoucados, polo que a súa estabilidade está moi comprometida e non está garantida a seguridade dos usuarios deste espazo. Así se reflexa no informe encargado polo executivo local e elaborado polos expertos e atendendo a este documento estanse a levar a cabo as tarefas de saneamento. Os exemplares serán substituídos na maior brevidade.

pombal2

Hoxe estase a traballar no Pombal e na Praza Xoán XXIII. As afeccións das árbores detectadas por expertos teñen que ver coa presenza de feridas, chupóns, podremias, zonas mortas e fendas profundas, ramas secas, problemas de inclinación, cavidades e gretas ou problemas estruturais que comprometen gravemente a súa viabilidade e convértenas nun perigo para as persoas que fan uso destas zonas públicas.