Xinzo segue a subir en número de persoas contaxiadas

11111111
Xinzo segue a subir en número de persoas contaxiadas

12 máis en tan solo 3 días

Os datos que acaba de comunicar na súa páxina oficial o Concello de Xinzo, non deixan ningunha dúbida de que o noso concello si o extrapolamos a media nacional, estaríamos moi por encima desa media.

O peche da hostalería, parece que non está a dar os resultados esperados, polo menos a curto prazo.

RASTREXO MASIVO MAÑÁ NO PAVILLÓN

Recordamos que mañá comezan as probas de rastrexo masivo as que están chamados, segundo os datos oficiais 1000 veciños e veciñas do concello.

Demasiados son os que preguntan na rede sociai do dendealimia, si as probas son voluntarias. Efectivamente estas probas son voluntarias, pero a verdade é que é moi importante o resultado para saber, porque o noso concello arrastra día tras día estas cifras de contaxiados, polo que todo o mundo citado debería acudir a facer as probas polo ben deles mesmos e de toda a cidadanía.