sábado 4/12/21

A iniciativa parte da Cámara de Comercio, o Inorde e a Fundación Incyde e terá como escenario o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da vila limiá

REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia

Ata 29 empresas e emprendedores do sector agropecuario terán a oportunidade de activar os seus proxectos grazas a unha iniciativa da Cámara de Comercio de Ourense, o Inorde e a Fundación Incyde. O obxectivo é crear e consolidar empresas especializadas en xestión agrícola, gandeira e forestal, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.

O acto de inauguración terá lugar mañá e a el acudirán o presidente do Inorde, José Manuel Rodríguez, a secretaria xeral da Cámara de Comercio, Victoria Rios e o director do programa, Rafael Lacalle. Grazas a esta iniciativa, profesionais da transformación de produtos, a apicultura, as explotacións gandeiras, a produción ecolóxica, a destilería e o asesoramento agrícola recibirán durante dous meses orientación á medida para cada un dos seus proxectos ou empresas.

Comentarios