Xinzo será sede da primeira Escola de Dirección de Banda de España

Agrupación Musical da Limia
Xinzo será sede da primeira Escola de Dirección de Banda de España

A programación, así como a súa estrutura orgánica e formativa, será presentada nas próximas datas nun acto público

Xinzo de Limia será punto de referencia na disciplina musical da dirección de banda. A sede oficial da Agrupación Musical da Limia converterase na primeira escola española de formación de directores de banda con acreditación universitaria. O director da Agrupación Musical da Limia, José Luis Tielas Santiago, confirmou ao xornal La Región que "existen ao longo do territorio nacional academias e cursos específicos para esta disciplina, pero a ningún deles se lles outorgou ata o momento a validez académica que terá o título que aquí se obteña". Ademais, prosegue Tielas, "Ourense é unha provincia de referencia na cultura de banda, foi terra de moitas, algunhas de intensa e histórica traxectoria, fixar aquí a Escola Galega de Dirección de Banda creo que é un merecido recoñecemento aos miles de músicos que as integraron e integran".

A programación, así como a súa estrutura orgánica e formativa, será presentada nas próximas datas nun acto público,

A programación, así como a súa estrutura orgánica e formativa, será presentada nas próximas datas nun acto público, aínda que xa se coñecen algúns dos principais nomes que conformarán o cadro de persoal docente permanente da Escola Galega de Dirección de Bandas.

Haberá ultitude de profesores de grande prestixio, como Javier Viceiro, máster en dirección de orquestras de vento pola Zuid-Nederlandse Hogeschool Voor Muzik de Maastricht –Holanda–, será un dos responsábeis académicos. O titulado superior de música na especialidade de Composición José Antonio Cantal impartirá análise musical e harmonía.

Ambos contarán coa supervisión do profesor de dirección de orquestras do Conservatorio de Maastricht, Jam Cober, todo un referente mundial en bandas de música e director artístico do festival internacional máis importante deste tipo de formacións, o World Music Contest de Kerkrabe, en Holanda.