Xinzo solicitará a Gas Natural a devolución de 450.000 euros que foron “sobrefacturados”

Xinzo solicitará a Gas Natural a devolución de 450.000 euros que foron “sobrefacturados”

O consistorio decidiu mudar os contratos coa empresa ca fin de aforrar 150.000 euros ao ano

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

O rexedor limiao, o popular Antonio Pérez, ten previsto solicitar a empresa de enerxía Gas Natural Fenosa, a devolución de ata 450.000 euros que terían sido presuntamente “sobrefacturados”. O consistorio decidiu revisar os contratos que o unían coa compañía co ánimo de aforrar ata 150.000 euros ao ano na factura da luz.

As relacións contractuais que mantiñan rompéranse cando o Concello descubriu, tras unha auditoría, que tanto o alumeado público como o das instalacións e edificios públicos precisaban de moita menos potencia da que tiñan contratada. Ata “500 euros de máis” se estaban pagando nalgunha aldea, recoñecía Pérez.

Tras este achado, Antonio Pérez e o seu grupo de goberno decidiron renegociar os contratos que agora si, “están moito máis cinguidos á realidade do municipio”, o que lle permitirá un aforro importante ás arcas públicas e polo tanto aos contribuíntes.