Xinzo tamén abriu a porta da MISERICORDIA

apertura porta
Xinzo tamén abriu a porta da MISERICORDIA

Pasadas as seis do serán e despois dunha procesión, que presidiu o bispo da dioceses de Ourense Monseñor Leonardo Lemos Montanet, e acompañado polos curas da parroquia, ademais de outras parroquias da comarca, procedeu a apertura da porta da igrexa nova, para dar comezo desta maneira na comarca o ano XUBILAR EXTRAORDINARIO por decisión do Papa Francisco.
apertura porta2Na procesión participaron ademais de moitos ferigreses, como é costume, tamén as autoridades locais políticas e militares encabezadas polo alcalde Antonio Pérez e membros do seu grupo de goberno.
Despois da apertura, continuaron os actos coa celebración da Eucaristía e o fin desta a Coral de Sta. Mariña deu o seu tradicional concerto de Panxoliñas, que nesta edición do 25 aniversario estivo acompañado polo novo axudante da parroquia Yerai Fariñas.