Xinzo ten unha cor especial

murales
Xinzo ten unha cor especial

O primeiro certame de pintura mural está a pique de rematar

Logo dunha semana dedicada á pintura mural, as obras de arte están a piques de rematar. Así, no polígono podemos ver unha orixinal fachada que simula ser un queixo. Pola súa banda o pavillón de deportes nunca tivo unha entrada tan orixinal e colorida como agora. A estación de autobuses queda vixiada por dúas grandes figuras. Quédanos agardar para ver as úlitmas pinceladas que van encher de cor dúas das fachadas máis grandes, unha fronte á residencia de anciáns e a outra a carón do posto de Coren.

A cor chegou a Xinzo de Limia no comezo do outono.