Xinzo terá unha das sedes da EBAU

O IES Lagoa de Antela
Xinzo terá unha das sedes da EBAU

Recibirá a 270 estudantes de 2º de Bacharelato

Este ano os IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía serán sedes nas que realizarán probas da EBAU para alumnado das comarcas de Verín, Xinzo, Bande e Allariz.

IES Lagoa de Antela

Por mor da Covid-19, as universidades galegas aumentaron as sedes nas que se farán os exames de acceso a universidade, para desta maneira evitar longos traslados de estudantes e respectar as medidas de seguridade coas que ten que realizarse a proba.