Xinzo ultima os detalles para os actos centrais do Día das Letras Galegas 2017

127
Xinzo ultima os detalles para os actos centrais do Día das Letras Galegas 2017

Os dous cargos institucionais da Xunta reuníronse na Sala de Xuntas da casa consistorial de Xinzo co rexedor Antonio Pérez e co concelleiro de Cultura, Deporte e Festexos, Luís Miguel Gil.

Hoxe visitaron Xinzo de Limia o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e o responsable de protocolo de Presidencia. Como xa anunciou este xornal dixital, o motivo da visita foi concretar os actos que a vila antelá acollerá o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, habida conta de que o escritor homenaxeado deste ano é o limián Carlos Casares.

128

Os dous cargos institucionais da Xunta reuníronse na Sala de Xuntas da casa consistorial de Xinzo co rexedor Antonio Pérez e co concelleiro de Cultura, Deporte e Festexos, Luís Miguel Gil. Na reunión tamén estivo presente o escritor Luís González Tosar, en representación do grupo de expertos que o goberno local reunira de cara á organización destes actos.

Dende que a Real Academia Galega desiganara o pasado ano, por ampla maioría, que fora Casares o escritor homenaxeado no 2017, xa trascendeu que a capital da Limia sería o punto neurálxico dos actos de homenaxe. De feito, Xinzo acollerá o plenario que a Real Academia Galega adoita celebrar todos os 17 de maio.

O motivo da visita do responsable de protocolo de Presidencia radica na confirmación da presencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na vila limiá para a celebración do acto institucional central. Este acto irá acompañado doustro eventos que trascenderán á luz pública nas próximas datas.

129

O escritor Luis G. Tosar quixo parabenizar publicamente ao concello de Xinzo de Limia pola planificación no referente ao Día das Letras Galegas. "En ningún caso houbo tanta planificación e interese por parte do ente municipal como no caso da capital da Limia", afirmou aos medios. Así mesmo, comentou que Carlos Casares "tería querido que fose en Xinzo onde se levasen a cabo os actos de conmemoración desta data" xa que a vila antelá considerábaa "a súa patria de escritor".