Xinzo xa ten desde esta noite a iluminación de Nadal aceso

IMG_20191210_221240.1
Xinzo xa ten desde esta noite a iluminación de Nadal aceso

Tres novos lugares teñen iluminación: Praza da ra, praza dos Ovos e parque do Toural

O portavoz do PP fixo unhas declaracións esta mesma mañá antes de saber cando se ía encender

Esta foi a primeira noite que funciona a iluminación de Nadal nás prazas e rúas de Xinzo.

IMG_20191210_221426.1IMG_20191210_221016.1IMG_20191210_220822.1IMG_20191210_220751.1

CRITICAS DO PORTAVOZ DO PP

Esta mesma mañá o portavoz do PP no concello Toni facía unhas declaracións aos medios de comunicación na que manifestaba o descontento do comercio da vila e dos veciños polo retraso no encendido do alumeado de Nadal.

“É un despropósito que este grupo de goberno non tivera a delicadeza de haber colocado xa o alumeado de Nadal”. Parece que estivera escoitando o equipo de goberno.

IMG_20191210_113003Mentres o día previsto para o acendido era o 7 de decembro, aínda comezan a colocarse agora algúns elementos decorativos, provocando para os comerciantes un “despropósito”, segundo o portavoz do Grupo Popular. Fernández Veiga remarcou tamén a falta de previsión do grupo de goberno e a súa alcaldesa ao non tratarse de motivos económicos.

Insistiu tamén no malestar por parte do Partido Popular e a tristeza por ser os últimos en ter alumeado de Nadal nestas festas, asegurando que “se este é o apoio que este equipo de goberno ía a darlle aos comerciantes, volven suspender a asignatura”.