Xornada de formación especializada en violencia de xénero para mellorar a atención das vítimas

Xornada2
Xornada de formación especializada en violencia de xénero para mellorar a atención das vítimas

Levouse a cabo en Xinzo esta mañá.

A iniciativa da Subdelegación do Goberno, á que asistiron 40 profesionais, diríxese ao persoal de Centros de Información á Muller, traballadores e educadores sociais dos concellos, concelleiros e membros da Garda Civil e Policía Local.

A formación especializada é unha das mellores armas contra a violencia de xénero. Así o entende a Subdelegación do Goberno en Ourense, que promove unhas Xornadas Formativas de Violencia sobre a Muller, centradas no intervención policial e protección das vítimas e que hoxe tiveron o salón de plenos do Concello de Xinzo como escenario.

Asistentes a xornadaA iniciativa, impartida por axentes do Equipo Muller-Menor da Policía Xudicial da Garda Civil, espertou gran interese entre os profesionais para loitar contra a lacra da violencia de xénero. Participaron un total de 40 persoas. Xinzo de Limia é un dos nove concellos nos que se están a desenvolver estas xornadas que pretenden facilitar a participación do persoal de 91 municipios da provincia.

Elvira Lama: “Toda información á sociedade no ámbito da prevención contribúe a salvar as mulleres das agresións que poidan estar sufrindo”

A alcaldesa, Elvira Lama, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para protexer ás vítimas e alertou de que as denuncias xa chegan ás cifras de antes da pandemia: “Toda información e formación da sociedade, no ámbito da prevención da violencia de xénero contribúe a salvar as mulleres das agresións que podan estar sufrindo”.