Xornada formativa sobre compostaxe doméstica esta tarde en Xinzo

compostaxe
Xornada formativa sobre compostaxe doméstica esta tarde en Xinzo

Terá lugar a partir das 19h na Casa da Cultura

A compostaxe doméstica continúa coas xornadas formativas. Esta tarde as persoas que forman parte deste programa terán unha cita na que teran lugar explicacións teóricas arredor da compostaxe doméstica.

Farase especial fincapé nos seus aspectos prácticos, cómo facer un bo compost, qué elementos o conforman así como solucións de posibles problemas. Esta sesión servirá tamén para ensinar aos participantes o composteiro Bulbeo 360, o modelo que posteriormente se repartirá nunha terceira fase do programa. Así mesmo, tamén se emitirán vídeos didácticos elaborados por SOGAMA arredor da compostaxe doméstica.

Á xuntanza acudirán máis de 60 veciños e veciñas dos concellos de Sandiás, Rairiz de Veiga, Porqueira, Sarreaus, Trasmiras, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín e Xinzo de Limia. Dende a organización sinalan que aínda se pode anotar xente antes de que comece o evento que será a partir das 19h a tarde na Casa da Cultura.

Acudirán representantes da Deputación de Ourense e técnicos medioambientais que serán os encargados de impartir a parte teórica e así mesmo resolverán dúbidas.