O venres será unha xornada dedicada a informar ás PEMES e ós emprendedores dunha serie de liñas de apoio. Será nun acto que se divide en dúas partes, unha delas sobre apoio e axudas económicas a cargo do subdirector de información do IGAPE, Curro López. Outra delas tratará sobre emprego e intervirá Covadonga Toca, secretaria xeral de emprego.
O encontro dará comezo a partir das 19h no salón de plenos do Concello, da man do rexedor de Xinzo, Antonio Pérez e a delegada territorial da Xunta de Galicia de Ourense, Marisol Díaz. Prevese que as intervencións rematen ás 20.45h coas palabras do Conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Ó remate, procederase a un roda de contacto e busca de oportunidades de negocio, coñecio como "Networking", acompañado dun viño galego, segundo informan dende a organización.
A xornada forma parte dun conxunto de accións levadas a cabo pola Consellería de Emprego, Economía e Industria par darlle un pulo á empresa en Galicia e axudar ós que queiran iniciarse no mundo dos negocios.