Este xoves entregarase o premio da categoría infantil do I certame literario Carlos Casares

gañadores concurso literario carlos casares
Este xoves entregarase o premio da categoría infantil do I certame literario Carlos Casares

En xullo do 2016 fora imposible entregar o premio ao gañador da categoría infantil, Marcos Fernández.

Este xoves, a partires das 12 horas da mañá, farase entrega do premio ao gañador do I certame literario Carlos Casares na categoría infantil a Marcos Fernández por "Unha nova vida". "Na anterior ocasión fora imposible entregar o premio, por iso se pospuxo a este xoves", afirma Luis Miguel Gil, concelleiro do ramo.

O acto de entrega do galardón celebrarase, segundo informan dende a Concellería de Cultura de Xinzo de Limia, no IES Cidade de Antioquía.

Lembramos que –xinto con Marcos Fernández– Óscar Rivero gañou na categoría junior co relato "Os días aprazados" e Carla Domínguez por "Suxeito de proba" na categoría xuvenil.