O xoves que ven, primeiro pleno ordinario do novo alcalde

183
O xoves que ven, primeiro pleno ordinario do novo alcalde

Haberá 13 mocións, a maioría da oposición

No pleno que se vai celebrar a semana que ven, o xoves día 26 as 11:00h será moi amplo debido as mocións presentadas polos grupos da oposición.

201

Xinzo Adiante trae varias mocións entre as que se encontra a petición, unha vez mais, a supresión das Diputacións. Noutra moción piden a modificación da lei xeral de telecomunicacións para retirar as antenas da Rúa Ladeira que afectan os veciños e o CEIP Rosalía de Castro, así como outra referente a mina de Touro autorizada pola Xunta de Galiza. Por último solicitan un acordo do pleno instando a que se equipare os soldos dos funcionarios públicos de Galicia País Vasco e Cataluña.

O grupo socialista presentará unha moción para a reforma da piscinas. O alcalde, manifestou xa esta mañá a dendealimia que xa se está a traballas nas mesmas para que estén perfectamente adecuadas para o baño deste próximo verán.

RECOÑECEMENTO A UN CONCELLEIRO VÍCTIMA DO FRANQUISMO

Tamén da man dos Socialistas o pleno terá que debater a proposta de que se recoñeza a un concelleiro de Xinzo como víctima do franquismo na posguerra así como que se retiren todos os símbolos franquistas que resten.

O grupo popular tamén traerá a este pleno varias mocións entre as que se debaterán a de apelar a Xunta para que se lle adique o día das letras galegas a Don Antón Tovar Bobillo.

Outra das mocións que levará primeiro a Comisión de Facenda e posteriormente ao pleno o grupo de goberno será a referente a eximir nun 95% os impostos que lle correspondería abonar a Xunta de Galicia na obra de mellora enerxética do CEIP Carlos Casares a levar a cvabo pola Consellería de Educación a partir do mes de Xuño no centro escolar da vila.

Ademais das mocións dos diferentes partidos o grupo de goberno plantexará a aprobación definitiva dos orzamentos do 2018 aprobados inicialmente no mes de decembro.

183Por último no apartado de mocións estudirán a presentada polos grupos do Concello de Sandiás para apoiar, como fixeron eles xa a declaración de zona de emerxencia por a situación catastrófica nas colleitas de inverno e no terreo tras as chuvias.

APROBACIÓN DEFINITIVA DOS PRESUPOSTOS 2018

Unha vez enviados os presupostos ao Ministerio de Facenda , este fixo algunhas matizacións sobre os mesmos que obrigou a volver a refacelos neses puntos concretos e a súa nova aprobación en pleno para que entren en vigor.