A xuíza chama a declarar a outras dúas ex funcionarias do Concello de Xinzo

Exterior do edificio xudicial de Xinzo de Limia
A xuíza chama a declarar a outras dúas ex funcionarias do Concello de Xinzo
Segundo confirmou a CIG Patricia Hernández, ex secretaria adxunta e Carolina Cortón, ex interventora comparecerán no proceso penal contra o...

Segundo confirmou a CIG Patricia Hernández, ex secretaria adxunta e Carolina Cortón, ex interventora comparecerán no proceso penal contra o consistorio

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

As dilixencias penais abertas contra o Concello de Xinzo para investigar un presunto delito de prevaricación derivado do de desviación de poder, xa condenado polos xulgados do contencioso-administrativo de Ourense, requiren agora as declaracións de Patricia Hernández e Carolina Cortón, exsecretaria adxunta e exinterventora, respectivamente. Así llo facía saber onte (venres) Anxo García representante da CIG, aos traballadores do municipio nunha asemblea celebrada na Casa da Cultura.

Segundo fontes do sindicato, que recibiu a autorización da xuíza para presentarse no caso coma acusación popular, pois todo o proceso iniciouse polas denuncias que esta organización de traballadores presentou, estas dúas antigas funcionarias do municipio terían redactado informes que cuestionaban a política de persoal do consistorio. A titular do xulgado número 1 de Xinzo continúa así a súa investigación despois de que o exsecretario da vila, Demetrio Martínez, se reafirmara ante ela o pasado luns día 20, na elaboración dunha serie de informes contrarios as contratacións levadas a cabo polo Concello, e que despois foron anuladas pola vía administrativa.