A Xunta aproba as obras de mellora do colexio Rosalía de Castro de Xinzo

rosalia
A Xunta aproba as obras de mellora do colexio Rosalía de Castro de Xinzo

O CEIP Rosalía de Castro vaise remodelar mediante as obras de rehabilitación que se van acometer no edificio. Trátase de mellorar fachadas, caixas de persiana, falsos teitos e a calefacción.

Outros dos traballos vai consistir no cambio do sistema de iluminación substituindo as luces existentes por equipos de alta eficiencia enerxética con detectores de presencia nas zonas comúns.

A obra de maior calibre é o peche da pista polideportiva. Instalarase un corta ventos no acceso ó edificio anexo e a ampliación das rampas.

A remodelación do colexio é posible tras a adxudicación que aprobou a Consellería de Cultura e Educación.