A Xunta convoca axudas de 11.000 euros para rehabilitar vivendas da Limia por onde pasa o Camiño

camiño
A Xunta convoca axudas de 11.000 euros para rehabilitar vivendas da Limia por onde pasa o Camiño

Ó longo da semana haberá charlas informativas polos concellos por onde pasa a vía da Prata

A Administración galega pon en marcha subvencións para rehabilitar as vivendas por onde pasa o Camiño de Santiago. Durante a semana haberá disintas charlas polos concellos polos que transcorre a Ruta da Prata. Estes son Xinzo, Trasmiras, Vilar de Barrio, Sarreaus e Sandiás.

No caso das zonas rurais poderán optar ás axudas tódalas vivendas de uso residencial da parroquia. No caso das zonas urbanas, o caso de Xinzo por exemplo, tan só poderan solicitar as axudas as casas que estean ó lado do trazado do Camiño.

As actuacións que entran nas subvencións son as destinadas a garantir a seguridade das vivendas e a protección fronte a humidades. Outras son para potenciar a eficiencia enerxética do edificio, con accións para o illamento térmico entre outras. Unha terceira vía recolle as obras para mellorar as condicións de acceso a vivendas ou facilitar o seu uso por persoas con limitacións sensoriais ou motrices.

En canto as contías das axudas, non poderán exceder de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación. Poderán optar ás subvencións aquelas obras que se empezaran a realizar despois do 11 de abril de 2013 ou as que aínda estean por comezar, en calquera caso deben estar rematadas antes do 31 de outubro.

As persoas que teñan débedas coa Seguridade Social non poderan solicitar este tipo de axudas.

A documentación que se debe presentar perante a Xunta é unha reportaxe fotográfica das obras realizadas, facturas de proveedores, documentos bancarios que acrediten o pago das mesmas, certificado de inicio e remate das obras, licenzas e copia de canda menos tres ofertas de diferentes proveedores no caso de que o custe a executar supere os 30.000 euros.