A Xunta elimina dous vertedoiros incontrolados en Xinzo de Limia e Sandiás

Verquido Xinzo antes
A Xunta elimina dous vertedoiros incontrolados en Xinzo de Limia e Sandiás
Estas dúas actuacións implicaron un orzamento de máis de 30.000 euros REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Xunta, por medio da Consellería de Medio Ambiente,...

Estas dúas actuacións implicaron un orzamento de máis de 30.000 euros

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Xunta, por medio da Consellería de Medio Ambiente, selou dous puntos de vertido incontrolado nos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Estas actuacións que implicaron un orzamento de máis de 30.000 euros están incluídas nunha campaña do goberno autonómico que ten como obxectivo erradicar máis de cen puntos coma estes repartidos por toda a xeografía galega. Neste vertedoiros incontrolados acumúlanse sólidos de moi distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona no entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético.

No caso de Xinzo, o punto detectouse na parroquia de San Pedro de Laroá e a maior parte dos residuos atopábanse no borde do vial e do camiño de acceso á parcela onde se situaban. A superficie afectada sumaba uns 700 m2. O material alí depositado consistía en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. O volume retirado sumaba 20 m3.

Os traballos de acondicionamento consistiron na recollida, clasificación e retirada do material, e na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Tamén se acondicionou e perfilou o solar na súa totalidade, é dicir, unha superficie de 3.000 m2.

Por outra banda, no concello de Sandiás levouse a cabo outra actuación de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de punto de vertido incontrolado, concretamente na parroquia de As Areeiras onde estaba afectaba a unha superficie de 500 m2. Ao igual que no caso anterior, os residuos atopábanse no borde do vial ao longo de toda a lagoa de Antela e sen complicacións de acceso. O material recollido, clasificado e retirado consistía en pneumáticos, lixo orgánico e residuos mesturados da construción, que sumaron máis de 3 toneladas.