A Xunta estudará vías de colaboración co concello de Xinzo de Limia en materia de Urbanismo e solo industrial

Reunión entre a Conselleira e Carlos Gómez
A Xunta estudará vías de colaboración co concello de Xinzo de Limia en materia de Urbanismo e solo industrial

Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co segundo tenente alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, para avaliar varias cuestións en materia urbanística e de solo industrial de interese para a veciñanza da localidade.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co segundo tenente alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, para avaliar varias cuestións en materia urbanística e de solo industrial de interese para a veciñanza da localidade.

230921 AVM XINZO 1
Ángeles Vázquez e Carlos Gómez

Durante o encontro, o concelleiro trasladoulle á responsable autonómica o interese municipal en avanzar no desenvolvemento de parque empresarial, así como a necesidade de actuar en varias rúas do casco histórico da localidade como son a Lepanto, Constitución, Galicia ou San Roque de cara á súa humanización e mellora do saneamento.

A maiores, na reunión acordouse manter unha nova xuntanza na que participen o alcalde, o concelleiro de Obras e técnicos municipais para abordar aspectos concretos destes proxectos.