A Xunta investirá 380.000 € no Barrio de Abaixo

A Xunta investirá 380.000 € no Barrio de Abaixo

O proxecto agora aprobado fora presentado polo concelleiro de Cultura Carlos Gómez a o plan hUrbe e ao Presidente da Xunta

Segundo nos anuncia Carlos Gómez, concelleiro de Cultura , a rehabilitación urbanística do Barrio de Abaixo de Xinzo responde a necesidade de actuar e por en valor unha zona de Xinzo especialmente esquecida e degradada, de gran interés histórico e particularmente turístico, e fundamental para preservar a memoria e identidade local.

A actuación foi unha das prioridades da Concelleira de Cultura coa intención de completar a posta en valor dos recursos Turísticos do Concello, xunto co Museo do Entroido, a Torre de Pena, o Mosteiro de Trandeiras, o Conxunto de Igrexas Románicas ou a propia declaración de Festa de Interese Turístico Internacional do Entroido.

A memoria, redactada por os Técnicos Municipais a principios do 2018, fora xa presentada ao Plan hUrbe (humanización, Urbanización, equipamentos das vilas de Galicia) da Consellería de Medio Ambiente da Xunta sendo titular Beatriz Mato anterior Conselleira. E en agosto dese mesmo ano ao propio Presidente da Xunta según confirma Carlos Gómez.

Finalmente o proxecto aprobado pola Conselleria de Medio Ambiente, se executara en dúas anualidades 2019/2020 e terá un orzamento de aproximadamente 380.000€, cos incrementos relativos a dirección de obra e o plan de seguridade e saúde, dos que o Concello de Xinzo tera que aportar perto dos 114.000€ correspondentes o 30% do importe total.
As actuacións previstas pretenden actuar especialmente sobre a parte central, a mais deteriorada do enlousado, para que a nova pavimentación soporte tanto os esforzos de flexión superiores producidos pola sobrecarga, como inferiores producidos pola elevación do nivel freático. Actuando o mesmo tempo sobre as arquetas de desaugue colocando nos sumidoiros, uns imbornais sinfónicos que eviten os cheiros tan desagradables producidos polas augas fecais particularmente en épocas de calor.

Todo elo se completara coa colocación soterrada de tubos libres para lineas eléctricas e cableados de telecomunicacións, así como para se fora o caso canalizacións de gas.
As obras se completaran unha vez rematen estes traballos iniciais, coa inclusión de xardineiras, mobiliario urbano, e coa a eficiencia e mellora da iluminación das rúas afectadas.
Con todo elo o Barrio de Abaixo de Xinzo que se corresponde co Decumanus Romano, polo que transcorría o antigo Camiño Real, e actualmente transitada por os peregrinos da Vía da Prata, poderá contar cunha nova imaxe rehabilitada, e atractiva para os negocios de hostalería, comercio ou artesanía instalados ou que se poidan instalar no mesmo. Mais harmónica e acorde cos tempos actuais, e sobre todo mais humanizada e habitable para os seus moradores, e para desfrute dos veciños e todos aqueles que nos queiran visitar.