jueves 27/1/22

A Xunta licita as obras de escavación, consolidación e acondicionamento na torre de Pena

A inversión será de preto de 250.000 €
210621 Castelo da Pena 1
Visita a torre de Pena

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Elvira Lama, San Pedro da Pena no concello de Xinzo de Limia para anunciar a licitación das obras de escavación, consolidación e acondicionamento no castelo da Pena por un importe preto de 250.000 euros.

O delegado territorial explicou que o obxecto da actuación, cun prazo de execución de 9 meses, é desenvolver traballos de investigación, documentación, escavación, consolidación e acondicionamento do recinto da fortaleza.

210621 Castelo da Pena 2Gabriel Alén sinalou que tamén se pretende realizar un acondicionamento do circuíto e a sinalización mediante carteleira para que os visitantes poidan realizar un percorrido auto guiado. Finalmente, quérese difundir entre a cidadanía os traballos que se van realizar mediante diferentes accións de divulgación.
Esta obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia
O denominado castelo ou fortaleza da Pena sitúase na parroquia de San Pedro da Pena, do concello ourensán de Xinzo de Limia. O sitio está declarado ben de interese cultural e os terreos onde se empraza son propiedade da Xunta de Galicia.
Trátase dun sitio patrimonial fortificado da época medieval que presenta un moi bo estado de conservación onde destaca a torre da homenaxe, de planta practicamente cadrada e fábrica de cantaría regular.

Esta sitúase en posición aproximadamente central a un recinto ovalado duns 3.000 m2 70 m de longo por 45 de anchura delimitado por unha muralla exterior. Dentro deste recinto poden apreciarse diversas estruturas de muros parcialmente cubertas pola densa vexetación. Nel realizáronse dúas campañas de sondaxes arqueolóxicas nos anos 2016 e 2017 co fin de comprobar o grao de conservación das estruturas do castelo e permitir valorar a viabilidade da súa escavación e posta en valor.