A Xunta licita obras para melloras na estación de autobuses de Xinzo

A Xunta licita obras para melloras na estación de autobuses de Xinzo
Cun orzamento de 12.000 euros esta iniciativa inclúese dentro do plan Renove para este tipo de instalacións REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Xunta de...

Cun orzamento de 12.000 euros esta iniciativa inclúese dentro do plan Renove para este tipo de instalacións

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Xunta de Galicia ven de licitar obras de mellora na estación de autobuses de Xinzo de Limia dentro do plan Renove destas instalacións, cun orzamento de 12.000 euros. Estes traballos centraranse en atender as necesidades das persoas con mobilidade reducida, sobre todo no que ten que ver cos accesos. Pintaranse prazas de aparcamento no exterior da estación e melloraranse os pasos de peóns.

No interior das instalacións é necesario cambiar as luces de emerxencia, ademais de selar e renovar os canelóns e a cuberta, buscando evitar a filtración de goteiras e humidades durante o inverno. Os traballos chegarán nos meses de agosto e setembro.