14 de enero de 2022, 18:23
O presidente da Xunta esta mañá en Expourense respondeu as preguntas dos periodistas sobre as celebracións do Entroido 2022, que a Xunta está traballando para sacar un protocolo para a celebración das festas do Entroido, sobre todo os da provincia de Ourense.
Sanidade Pública xa está traballando no documento que será “orientativo” e que se “axustará definitivamente” nas datas próximas ás celebracións.
Dada a "importancia" do Entroido para algunhas zonas vai elaborar o protocolo "con cautela e anticipación".