Intur 2024

​A Deputación facilita a promoción conxunta e pioneira de 18 empresas turísticas da provincia nunha das feiras máis destacadas do turismo de interior

A institución provincial, a través do Inorde, facilitou nas xornadas que se celebran en Valladolid ata 150 citas de negocios dos emprendedores da provincia con comercializadores de nove países.


O expositor do goberno provincial presenta ante operadores e visitantes as potencialidades de recursos concretos como a Vía da Plata, os ecobarcos ou os pobos con encanto da provincia