Loita contra a pobreza e desigualdade social

​O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Xinzo cunha xuntanza da Comisión Executiva

Xinzo de Limia vén de adherirse a esta rede de administracións locais comprometidas coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global.


O alcalde, Amador Díaz, expúxolles a colaboración co Ecuador ao edil de Cartelle, á edil de Oleiros e os rexedores de Nigrán, Molgas e Cuntis presentes na reunión.