Pazo Provincial

O Pazo Provincial loce unha renovada imaxe tralo remate das obras de restauración das fachadas do histórico inmoble

O Pazo Provincial está catalogado por parte de Patrimonio como “edificio de protección estrutural", o que obrigou a contar con especialistas para determinar o tratamento axeitado contra as pegadas de pintura que danaron o histórico inmoble