Prevención de lumes forestais

A Deputacion destina 1,2 millóns a cooperar na prevención dos incendios e xestiona a ampliación da capacidade operativa con bombeiros de Málaga

A Xunta de Goberno desta mañá aprobou 52 asuntos que mobilizan preto de 2,8 millóns de €, con axudas para a adquisición de maquinaria de prevención contra os lumes (1,2 millóns de euros); axudas para os regantes da Limia (500.000 euros), así como en cooperación cos municipios (preto de 823.000 euros) e con diferentes entidades deportivas, empresariais e culturais (239.500 euros)