Recreación

O xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis acollerá esta fin de semana unha recreación de época romana.

Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Mores serán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución.