Reducir o risco de incendios forestais

​O Concello de Xinzo pon a disposición da veciñanza un visor cartográfico das franxas de protección contra incendios

Permite identificar as zonas que deben cumprir coa obrigación legal de manter limpas e libres de vexetación combustible os primeiros 50 metros arredor de vivendas, núcleos de poboación, estradas ou infraestruturas sensibles.