Turismo Xunta

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña coa IV “Xurés Bike Tour” que levará aos participantes polos municipios de Muíños, Entrimo e Lobios

A proba, que reunirá a máis de 150 deportistas, celebrarase os días 15 e 16 de xuño en formato volta de dous días e dividida en tres etapas (dúas tipo maratón e unha contrareloxo)

O evento, impulsado desde o Inorde co apoio de Turismo de Galicia, “permítenos potenciar os recursos naturais e patrimoniais do territorio e, ademais, ao tratarse dunha proba que dura dous días, atraemos a visitantes que terán que pernoctar na nosa provincia”, explicou Rosendo Fernández