A plataforma veciñal reclama detalles sobre un proxecto sen concretar sobre unha fábrica de hidróxeno que afectaría aos tres concellos e que levaría aparellada a instalación dun polígono de macroeólicos.
Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova pide en sendas cartas información sobre que empresa promove, cal é o gasto de auga e en que montes se proxectan a fábrica e os aeroxeradores.