Un luns de entroido moi familiar, con moitos visitantes

Vivir do vento, foi unha das parodias máis vistosas do luns
Un luns de entroido moi familiar, con moitos visitantes

A pouca chuvia que caeu, non espantou a ninguén

Como todos os luns o entroido de Xinzo presenta as súas mellores galas en canto a disfraces e parodias sobre os distintos acontecementos que teñen relevancia ao cabo do ano, ou moitas veces dous ou tres días antes.

mosaico 1

JACOME E VIVIR DO AIRE

Entre as diferentes parodias deste día de entroido caiba destacar as parodias referentes ao alcalde de Ourense, no seu intento de monopolizar o entroido, POLO QUE HOXE CONSTITUISE un “comando” para secuestrar intereses importantes da capital como pode ser o AVE ou secar as fontes das Burgas, entre os seus proxectos “terroristas”.

Tamén atopamos a réplica de Jácome e Hannibal Lecter.

Por outra banda volvemos a atopar a Marta e Sonso, sempre estando a última, neste caso mostrando a súa nova tenda “AGOLA SI, con exhibicións a nivel de rúa. E como referencia aos eólicos tivemos a parodia dos muíños que estiveron buscando todo o día os mellores lugares e máis altos para “VIVIR DO VENTO”

Mosaico 3

PROBLEMAS CO GPS

En pleno fervor entroideiro O GPS xogoulle unha mala pasada a un condutor que se topou de fronte con toda a avalancha de pantallas e disfraces na rúa dos viños. A prudencia do condutor e a paciencia dos entroideiros, deixou o caso nunha anécdota máis do luns de entroido en Xinzo.

Mosaico 2