O PSOE DE VILAR DE BARRIO DENUNCIA QUE O PASOTISMO DO ALCALDE POPULAR PON EN PERIGO A SEGURIDADE DA VECIÑANZA AO NON RECLAMAR A REPARACIÓN DA ESTADA BORRÁN-PRADO

O PSOE DE VILAR DE BARRIO DENUNCIA QUE O PASOTISMO DO ALCALDE POPULAR PON EN PERIGO A SEGURIDADE DA VECIÑANZA AO NON RECLAMAR A REPARACIÓN DA ESTADA BORRÁN-PRADO

A vía viuse afectada polas obras da alta velocidade que provocaron a desaparición do firme mentres ninguén lle reclama á empresa responsable que acometa os arranxos.

Os socialistas de Vilar de Barrio reclámanlle ao alcalde que poña fin á súa desidia e reclame a reparación inmediata da estrada que vai de Borrán a Prado, afectada polas obras da alta velocidade. Desde o PSOE denuncian o lamentable estado dunha vía que xa carece de firme debido ao paso da maquinaría e a deixadez do rexedor do PP, incapaz de esixirlle responsabilidades á empresa encargada das obras nese tramo. A portavoz socialista no concello, Soraya Briz coida que, “o alcalde pasa desta cuestión porque está de retirada. Tanto lle ten que llo reclamásemos en numerosas ocasións no pleno, el deixa a alcaldía e os problemas sen arranxar. Da mesma forma que se repararon os danos na estrada de Maus, aínda que fose daquela maneira, o lóxico é reclamar que se repoño o firme e acaben con esta situación insostible para a veciñanza”.

No ultimo pleno celebrado no Concello de Vilar de Barrio, a finais do pasado mes de decembro, o grupo socialista fixo un rogo que reflectía o estado de preocupación duns veciños e veciñas cansos de que se lle dean largas a problemas que teñen solución. Desde o goberno popular sempre empregan a mesma escusa da falta de cartos para acometer arranxos como os da estrada afectada pero, neste caso, lembran os socialistas, trátase dunha cuestión de vontade política e de valentía á hora de reclamarlle á empresa que asuma a súa responsabilidade, tal como pasou no tramo de Maus.

IMG-20190124-WA0009“Non somos o único concello afectado polas obras do AVE, pero mentres noutros concellos se lle demandou tanto á deputación, no caso das estradas de titularidade provincial, como a Adif como ás empresas contratadas que reparasen os estragos ocasionados, aquí quedamos cos brazos cruzados, sen facer nada por reclamar o noso”, engade a voceira do PSOE. O estado destas vías supón un importante risco de seguridade para os veciños e veciñas dos concellos afectados e cómpre recordar que, desde outras administración, xa hai tempo que se tomaron acordos para demandar os arranxos dos danos provocados polo que non se entende a preguiza e a desidia do alcalde popular de Vilar de Barrio.

Adif adxudicou por 5,2 millóns ó holding público empresarial Tragsa, a reparación das estradas afectadas polas obras de construción da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia, que discorren polos concellos de Vilariño de Conso, A Gudiña, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz e Taboadela, cun prazo de execución de 12 meses. As obras afectaron a varios tramos de estradas no caso de Vilar de Barrio e, no caso da que vai a Prado, os estragos son intolerables, pola desaparición do firme e porque xeran importantes problemas de seguridade e mobilidade ós veciños e veciñas.

Soraya Briz indica que: “Estamos a piques de rematar o mandato e as cousas seguen igual que sempre, por non dicir peor. Desde o estado das propias rúas da capitalidade ata as estradas, como esta de Borrán, unha das máis afectadas do concello polas obras da alta velocidade pero non a única. Se falamos do resto das estradas, a situación é penosa, hai unha avaría en Arnuíde, por exemplo, desde hai moitos meses e segue exactamente igual, sen resolver. Isto acontece nunha estrada que é de obrigado paso IMG-20190124-WA0006porque une o noso concello con Maceda, non queremos nin imaxinar como estarán as vías menos transitadas”. Os socialistas conclúen que a situación de abandono na que vive o concello, gravemente afectado polo despoboamento, ademais, vén derivada da desidia dun alcalde que pretende marchar sen loitar polo que o concello merece. “Nós si que seguimos apostando polo noso municipio e imos seguir demandando que se nos dea un trato xusto, non discriminatorio. Queremos uns servizos públicos, incluíndo as vías de comunicación, coa mesma calidade que o resto”, remata Briz Cid.