Un menor ferido tras caer a un pozo en Vilaseca
15:21 02/04/16
15:21 02/04/16
Os feitos aconteceron na tarde do venres cando un menor de 11 anos caeu a un pozo na parroquia de Vilaseca. Como consecuencia do impacto resultou ferido aínda que foi rescatado practicamente de inmediato.
O helicóptero medicalizado con base en Ourense, desprazouse ata o lugar pero finalmente o cativo foi trasladado nunha ambulancia ata o Complexo Hospitalario da cidade.
Cando chegaron os efectivos de emerxencia o neno estaba consciente.Foi un particular quen alertou ó persoal do CAE 112 Galicia arredor das 19h.
No operativo participaron voluntarios de Protección Civil da vila e os bombeiros de Xinzo.