Blancos pavimentará as rúas de Nocedo

Visita concello de Os Blancos
Blancos pavimentará as rúas de Nocedo
A Xunta financiará as obras con preto de 50.000 €

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá, da man do alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, ao núcleo de Nocedo, para supervisar o remate das obras de pavimentación das súas rúas nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investiu 49.962 euros.

Obras executadas

As obras executadas consistiron na rexeneración do pavimento do pobo de Nocedo co obxecto de mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas do municipio, permitindo así o aumento da calidade de vida na zoa rural e contribuíndo á fixación da poboación nas zoas rurais e á diversificación da economía do lugar.

Deste xeito, levouse a cabo a rexeneración do pavimento; roza e limpeza dos camiños con medios manuais, pequena planta, maleza broza, madeiras caídas, escombros, lixos e calquera outro material existente, ata unha profundidade non menor que o espesor da capa de terra vexetal. A continuación realizouse o revestimento dos camiños e rúas con morteiro acrílico en color gris especial e acometeuse a instalación de bancos.

Reunión co alcalde

291221 Visita concello de Baltar 3O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo na Casa do Concello un encontro co alcalde, José Manuel Castro, onde analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Gabriel Alén puxo en valor os recentes investimentos do Goberno galego nos Blancos como os da Consellería do Medio Rural de 29.809 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas, ou os 42.750 euros da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, para as obras de abastecemento nos núcleos de Pexeiroos e Noveas.