Dúas celebracións con moitas devocións na Limia

Carteis anunciadores das dúas festividades relixiosas
Dúas celebracións con moitas devocións na Limia

S. Benito Preto e San Benito da Uceira

Este domingo de resurrección e o luns, para rematar a Semana Santa, celébranse na Limia as dúas festividades de S. Benito. A primeira o domingo en Parada de Outeiro (S. Benito Preto) e a segunda o luns en Sandiás ó S. Benito da Uceira.

MISAS E PROCESIÓNS

Nas dúas, tanto unha coma outra celebración, son seguidas por moitos fieis desprazados dende todas as partes da Limia. Dase a coincidencia, por primeira vez na historia , que estas dúas parroquias están rexidas polo mesmo sacerdote José Emilio Casal Selas.

As celebracións en ambalasdúas parroquias comezarán con misas ás 10 e 11 para rematar coa procesión e a misa solemne ás 12.