Día histórico para o A.B. XINZO
11:59 23/10/22
11:59 23/10/22
Por vez primeira un equipo de baloncesto Feminino Senior de Xinzo xoga unha competición federada
A nosa historia ten momentos únicos, días para o recordo e partidos inolvidables.

Hoxe o resultado é o de menos, o importante é o partido en si; o significado que ten para o noso club; o significado que ten para as nenas, rapazas e mulleres da Familia A. B. Xinzo; e o significado que ten para o deporte feminino e o deporte en xeral da nosa Vila, Concello e Comarca.
Por vez primeira un equipo de baloncesto Feminino Senior de Xinzo xoga unha competición federada.
Un orgullo para a Familia A. B. Xinzo.
Un soño cumpliuse hoxe, sigamos soñando;
NOTICIA NA REDE SOCIAL DO CLUBE