Esta fin de semana continúan os eventos na Arca da Noe
19:57 13/04/18
19:57 13/04/18
Esta fin de semana continúan os eventos na Arca da Noe, o venres 13 de abril celebrarase as 20,00h a presentación da ILP "Monte autóctono e contra os incedios" ademáis da realizarase a proxección do documental: "As neves Zona 0" de Adrían González. Estará organizado por Cousas de Raíces e Alianza por un rural galego vivo. O día rematará co concerto de folk do estadounidense Jake Shane.
O sábado 14 de abril as 22,00h será o concerto de rock do grupo ITH que presenta o seu novo disco "O mínimo que contén todo" e finalmente o domingo ás 19,00h será o concerto de Talabarte de Andoa.