As rapazas de Xinzo arrasan na Copa Deputación de Ximnasia

IMG_5389
As rapazas de Xinzo arrasan na Copa Deputación de Ximnasia

Podio limián en todas as categorías e ouro na maioría.

As rapazas das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia arrasaron este domingo na Copa Deputaicónd e Ximnasia.

Na competición por conxuntos, as limiás foron campionas nas categorías de Iniciación, Benxamín e Alevín. Tamén nesta categoría, obtiveron a prata en Prebenxamíns e Infantís.

No referente á competición individual, Saínza Otero obtivo o ouro en Prebenxamín e Naia Sánchez a prata. En Benxamín tamén coroaron o podio dúas limiás: Elsa Sousa no primeiro posto e Xiana Veloso no segundo. En alevín houbo ouro para Eugenia Álvarez e bronce para Cristina Rodríguez. Laura Núñez foi campiona en Infantil, Silvia García en cadete e, na categoría Senior, a campiona resultou ser Uxía Carballo por un segundo posto da tamén limiá Sofía Cabanelas.

Non hai quen lle tosa ás nosas ximnastas.