O alcalde de Sandiás aposta polo diálogo para frear o enfrontamento co PSOE

asemblea
O alcalde de Sandiás aposta polo diálogo para frear o enfrontamento co PSOE

Os socialistas celebran esta tarde unha asemblea na Casa da Cultura

Felipe Traveso declarou nunha rede social que "temos que parar esta crispación entre veciños que non leva a ningún sitio e non une senón todo o contrario, divide ós veciños ou sexa, todo o contrario do que queremos". Palabras que fan referencia a tensa asemblea que se celebrou na semana pasada logo de que o alcalde perdese o apoio dun dos seus catro concelleiros, e de que o edil socialista, Juan Manuel Quintas, fora destituído.

Traveso sinala que ante esta situación, o paso a seguir é o do diálogo. O alcalde de Sandiás amosou a súa intención de manter un econtro co socialista Quintas para chegar a un acordo. Así mesmo o rexedor sinalou que si non hai un entendemento cada un tirará polo seu lado pero sempre mantendo un respecto.

Pola súa banda, os socialistas convocaron unha reunión coa militancia e todos os veciños e veciñas para as 20.30h desta tarde, na Casa da Cultura de Sandiás.