O Fareleiro mellor dos últimos anos

IMG_7993
O Fareleiro mellor dos últimos anos

A falla de chuvia e a boa tarde fixeron que a xente saíra a encherse de fariña

Ao igual que onte a noite, na que se esperaba chuvia, e non foi, esta tarde os partes metereolóxicos de toda a semana ameazaban chuvias ao 90%. Pois foi o 10% o que resultou ser, e foi iso o que animou aos limiáns e forasteiros a acudir a praza maior en cantidade e calidade para que a fariña e farelos fosen os donos da festa.

VALORACIÓN POSITIVA DA COMISIÓN

A comisión organizadora do Entroido fixo esta tarde noite una valoración moi positiva destas dúas xornadas do Entroido 2019. Sen incidentes de ningún tipo e con moita diversión.